Inicio Carballo ao día Hemeroteca Os catro cursos para desempregados impartidos no...

AS ACCIÓNS FORMATIVAS INCLUÍRON PRÁCTICAS EN EMPRESAS

Os catro cursos para desempregados impartidos no Fórum en 2014 remataron coa capacitación de 40 veciños e veciñas

Venres 12 de decembro do 2014

Os cursos AFD, subvencionados pola Consellería de Traballo e Benestar, incluíron tamén módulos transversais sobre formación para a igualdade, inserción laboral, sensibilización medioambiental, creación de empresas e prevención de riscos laborais. Todas estas accións formativas levan aparellada a obtención dun certificado oficial de profesionalidade.

Compartir: