Inicio Carballo ao día Hemeroteca Arrinca o II Inverno Ancestral de Senda Nova, un...

CARBALLO ACOLLE SETE DAS CITAS QUE TERÁN LUGAR ATA FEBREIRO

Arrinca o II Inverno Ancestral de Senda Nova, un programa que persegue recuperar as lendas e costumes da contorna

Luns 15 de decembro do 2014

Os tempos de Nadal son moi propicios para a solidariedade, polo que tampouco falta no programa. Así, o 28 de decembro organízase una Ruta solidaria sorpresa en beneficio de Axuda en Acción coa colaboración do Concello de Carballo. Senda Nova recadará fondos co obxectivo de axudar a esta ONG e participar dos diferentes proxectos humanitarios que desenvolve en España e América. Os interesados e interesadas pódense apuntar antes do venres día 26 nos lugares habituais de inscrición nas rutas de Senda Nova. O prezo é de 7€ para adult@s e de 4€ para nen@s. Como en anos anteriores, Senda Nova tamén celebra o Día Internacional dos Humidais, neste caso achegándose á Lagoa de Traba de Laxe. No Nadal non pode faltar a figura do Apalpador, que está previsto que visite Carreira, en Zas, o 4 de xaneiro. E, para rematar, o programa inclúe unha excursión de fin de inverno a Cervantes-Lugo, no corazón do espazo natural dos Ancares galegos. Unha viaxe que realizará un percorrido polas antigas vivendas galegas e co modo de vida dos nosos antepasados. Neste caso, a cita é o 28 de febreiro. Os interesados e interesadas poden descargar o programa completo de actividades nun pdf nesta mesma nova. Pode obterse máis información, tamén no web de Senda Nova.

Compartir: