Inicio Carballo ao día Hemeroteca O goberno saca adiante os orzamentos xerais da...

OS VECIÑOS PUIDERON INTERVIR PARA FALAR SOBRE A ORDENANZA DE LIXO

O goberno saca adiante os orzamentos xerais da corporación para 2015 nun pleno de preto de tres horas de duración

Martes 16 de decembro do 2014

Pouco antes, os concelleiros xa debateran unha moción de TEGA na que se solicitaba a derrogación da modificación da ordenanza do lixo no que respecta ás vivendas baleiras e a introdución doutro tipo de variables á hora de aplicar a normativa. En todo caso, a proposta foi rexeitada, ao igual que outra moción do PP na que se realizaban varias peticións en relación co alumeado público. Tamén o PP retirou a moción que tiña presentado para solicitar o comezo dos traballo da Autovía da Costa da Morte, xa que as obras teñen comezado recentemente. Respecto dos asuntos de trámite, saíron adiante todos os demais puntos incluídos na orde do día. Así, aprobouse a modificación da composición da Mesa local de Comercio, á que se incorpora a Asociación de Comerciantes e Hostaleiros do barrio da Milagrosa, así como a Concelleira de Feiras e Mercados, Milagros Lantes Seara. Recibiu tamén luz verde un acordo de imposición e ordenación de prezos públicos por actividades de Formación e Emprego do Concello, regulándose así o uso das instalacións do Fórum por parte de distintas entidades.

Por último, aprobouse o estudo de detalle da parcela E-41 da rúa da Madeira no Parque Empresarial de Bértoa. Trátase dun espazo no que se está construíndo unha nave para a empresa Casas Cube SL. No apartado de seguimento de órganos de goberno, ademais da intervención da veciñanza, deuse conta do Informe de Intervención e Tesourería do cumprimento da Lei de medidas contra a morosidade relativo ao terceiro trimestre de 2014. Durante o terceiro trimestre de 2014 pagáronse en prazo 1.313 facturas por un importe superior ao millón e medio de euros. Fóra de prazo, cun exceso de 19,48 días, pagáronse 119 facturas. A sesión rematou sobre as 23.20 horas, logo de case tres horas de debate.

Compartir: