Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello anima aos veciños e...

SON MACHOS E FEMIAS DE SEIS MESES A SEIS ANOS

O Concello anima aos veciños e veciñas a que adopten na Canceira Municipal, na que nestes momentos hai doce animais

Sábado 20 de decembro do 2014

Os cans non identificados e que non son recollidos polos seus donos que permanecen na Canceira poderán ser adoptados cumprindo todas as normas legais e sanitarias establecidas e a concesionaria entregará o animal desparasitado, vacinado, con microchip, e realizará todas as tarefas administrativas, incluíndo o rexistro no REGIAC (Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compaña) por tan só 50 euros. Desde Carballo Limpo, agradécese de antemán a colaboración da cidadanía chamando ao 981 75 49 17, na web <www.carballolimpo.com> ou en Twitter en @CarballoLimpo. Os interesados e interesadas poden consultar o web da Canceira nesta mesma nova.

Compartir: