Inicio Carballo ao día Hemeroteca Rexistrado no Concello o documento para a...

DESPOIS DO TRÁMITE PLENARIO, RESTARÍA O VISTO E PRACE DA XUNTA

Rexistrado no Concello o documento para a aprobación provisional do PXOM, paso previo para presentar o planeamento no pleno

Venres 26 de decembro do 2014

Hai que lembrar que o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) aprobado o 20 de maio de 2003 está anulado segundo sentenza do TSXG do 1 de marzo de 2007 ratificada polo Tribunal Supremo o 2 de novembro de 2011, de aí a necesidade de contar cun novo planeamento. Nestes momentos rexen as normas subsidiarias de 1980 para o casco urbano e de 1984 para o resto do termo municipal, mentres está en marcha o proceso para aprobar o novo. Así mesmo, está vixente unha suspensión de licenzas en vigor ata xaneiro de 2015, polo que o goberno local axilizará o máis posible o proceso para acadar a aprobación provisional e espera que a Xunta tamén acelere no posible os trámites para a aprobación definitiva. Hai que mencionar que o documento para a aprobación provisional do PXOM mantén unha capacidade residencial practicamente inalterable respecto da aprobación inicial, con 30.002 vivendas (máis de 12.000 novas), co obxectivo de concentrar o crecemento en "solo urbano consolidado", priorizándose o colmatado das medianeiras e das parcelas baleiras fronte a novas construcións. Segundo o documento, "o exceso de solo urbanizable" vén dado porque un dos obxectivos prioritarios debería ser "o remate das tramas urbanas existentes" ao tratarse Carballo dunha vila con "presenza de entramados inacabados".

Compartir: