Inicio Carballo ao día Hemeroteca Asinado o contrato de obras para emprender a...

CONVENIO COA AGADIC NA XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Asinado o contrato de obras para emprender a "Mellora de capa de rodadura no lugar de Nétoma (Razo)" por 84.000 euros

Luns 12 de xaneiro do 2015

Aprobáronse así mesmo os premios do Concurso de Escaparatismo de Nadal que gañou Mar de Encontros con 1.000€; D'Fiesta quedou segundo con 500€; e Maiela Artesanía terceiro con 250€. Fóra da orde do día, a sesión incluíu a aprobación do gasto correspondente coa Cabalgata de Reis de 2015 a través do convenio coa Asociación Xuvenil Fogar da Xuventude, do que tamén se dou conta durante a sesión, así como do gasto para o financiamento da programación do primeiro semestre correspondente coa Agadic (Rede Galega de Teatros e Auditorios). Por último, recibiu luz verde o programa de actividades dos Venres Culturais 2015, que pode consultarse ao completo clicando aquí. Entre os asuntos de trámite, a sesión supuxo a transmisión dunha licenza municipal de taxi e a autorización para un vao permanente na rúa Baixa.

Compartir: