Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello solicítalle á...

PIDE A COLOCACIÓN DE PASOS DE PEÓNS ELEVADOS

O Concello solicítalle á Deputación da Coruña que mellore a seguridade viaria e a sinalización da Avenida da Milagrosa

Martes 20 de xaneiro do 2015

Así mesmo, o Concello sinala que hai outra vía provincial situada no casco urbano que presenta problemas de tránsito, como é o caso da CP-1914 que discorre polas rúas Sol e Martín Herrera. O Concello xa lle ten solicitado á Deputación o traslado da titularidade desta vía para a súa posterior urbanización co obxectivo de mudar o que hoxe é unha estrada por unha rúa máis acorde co centro urbano. Por último, hai que lembrar que recentemente o Concello tenlle solicitado tamén ao organismo provincial a colocación de varios pasos de peóns elevados na estrada CP-1902 entre Carballo e Razo ao seu paso pola parroquia de Oza, en concreto, nos lugares de As Encrucilladas e As Torres, co obxectivo de reducir a alta siniestralidade viaria que se produce nese tramo.

Compartir: