Inicio Carballo ao día Hemeroteca Chega a Carballo o 23 de xaneiro o TEDxGalicia,...

O PAZO DA CULTURA ACOLLE DEZ RELATORIOS CO LEMA "FAINO TI"

Chega a Carballo o 23 de xaneiro o TEDxGalicia, un espazo de charlas no que reflexionar e debater sobre novas ideas

Xoves 22 de xaneiro do 2015

Poñerase á disposición dos interesados de Carballo un número limitado de entradas de balde, que se adxudicarán por orde de solicitude. Solicitude de Reserva: <entradas@tedxgalicia.com>. Unha parte das entradas resérvanse para os participantes que realicen unha aportación, a modo de doazón para o financiamento colaborativo da filmación do evento e a posta a disposición gratuíta na internet das charlas. Máis información en <www.tedxgalicia.com>. A cita está incluída nas actividades paralelas dos Venres Culturais 2015. Máis abaixo podedes ver en Youtube un vídeo divulgativo da edición do TedxGalicia Carballo 2015.

Compartir: