Inicio Carballo ao día Hemeroteca Os Venres Culturais principian o seu ciclo...

DOMINGO 25 DE XANEIRO ÁS 18.00 HORAS

Os Venres Culturais principian o seu ciclo "En familia" coa proposta de Tanxarina Títeres "A casa do avó"

Venres 23 de xaneiro do 2015

O guión e dirección da obra é de Cándido Pazó, un autor do que poderemos ver traballos moi diversos no programa Venres Culturais (ademais deste espectáculo, teatro para adultos e para nenos) e que foi galardoado pola Xunta de Galicia en decembro de 2014 co Premio da Cultura Galega na modalidade de teatro. As entradas poden xa reservarse na concellería de Cultura (981 704 300) e o seu prezo ordinario é de 3 € e de 2 € reducido para menores de 12 anos. A función está prevista para as 18.00 horas. O ciclo En Familia conta con outras tres propostas dirixidas a toda a familia pero destinadas principalmente aos nenos e nenas, e que ademais de títeres, inclúe teatro, maxia e un espectáculo directamente dirixido a bebés (de oa 3 anos), que será a próxima cita deste ciclo o 9 de febreiro a cargo de Teatro da Semente.

Compartir: