Inicio Carballo ao día Hemeroteca As redes sociais, a publicidade, adolescentes e...

XOVES 29 DE XANEIRO NO FORUM CARBALLO

As redes sociais, a publicidade, adolescentes e empresarios: protagonistas da primeira xornada do ciclo InForum15

Sábado 24 de xaneiro do 2015

O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, resaltou a importancia das novas tecnoloxías como unha nova forma de comunicarse moi estendida na sociedade actual e quixo agradecer o interese amosado por Calvo, Gadis e a Policía Nacional para colaborar con esta cita e "por confiar en Carballo". Para Ferrero, hoxe en día as campañas de marketing e comunicación e a difusión nas redes sociais son elementos fundamentais "para acadar o éxito a nivel empresarial", e espera que tanto os empresarios e emprendedores da vila, como o público en xeral e o alumnado dos institutos, aproveiten estas interesantes xornadas. Hai que subliñar que as charlas do InForum15 son gratuítas, mais para poder participar é necesaria unha inscrición previa xa que o auditorio do Fórum Carballo conta cun aforo limitado. As inscricións poden formalizarse a través do enderezo electrónico <forumcarballo@gmail.com>; do Twitter @forumcarballo; ou no Facebook de Fórum Carballo. Os interesados e interesadas poden descargar o cartel anunciador da cita nun documento en pdf nesta mesma nova.

Compartir: