Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo conta con 31.404 habitantes e...

O CONCELLO TRAMITOU MÁIS DE 16.800 EXPEDIENTES EN 2014

Carballo conta con 31.404 habitantes e mantén o seu crecemento vexetativo ao rexistrar os mesmos nacementos e defuncións

Mércores 29 de xaneiro do 2014

Outro dato digno de mención é o do número de vivendas habitadas, un total de 11.754, das que a maioría -6.059- están ocupadas por dúas ou tres persoas, O Barómetro recolle, así mesmo, os datos referidos á actividade administrativa municipal. As cifras reflicten que en 2014 se recolleron un total de 16.815 documentos no Rexistro de Entrada e se despacharon 6.802 no Rexistro de Saída, cun total de 23.617 trámites. Hai que mencionar que a través da Xanela da Xunta se rexistraron 5.566 documentos. O Alcalde, Evencio Ferrero, menciona que a crise tamén se deixa sentir neste tipo de datos, cun notable descenso no Rexistro de Saída no número de licenzas concedidas, que por primeira vez na serie histórica non chegan ao millar. Porén, incrementouse o número de facturas, cun total de 5.373 e 745 máis que en 2013. Evencio Ferrero subliña que o barómetro supón "unha radiografía da vida municipal" e que, a pesar de que algúns índices descenderon, a maioría amosan que "Carballo é un concello con moita actividade".

Compartir: