Inicio Carballo ao día Hemeroteca Máis de 300 nadadores participan no...

A COMPETICIÓN PRINCIPIA A PARTIR DAS 10.00 HORAS

Máis de 300 nadadores participan no Máster Galego de Inverno na Piscina Carballo Calero o domingo 1 de febreiro

Venres 30 de xaneiro do 2015

A Vicepresidenta de Federación Galega de Natación (Fegan), Ángeles Lorenzo, que acudiu a Carballo para presentar a cita, quixo agradecer a colaboración do Concello e da AD Fogar non só na organización desta cita, senón doutros campionatos galegos, e quixo desexarlle sorte a todos os nadadores que en breve participarán en Pontevedra no Campionato de España, no que hai esperanzas de que varios galegos suban ao caixón. O Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, quixo tamén expresarlle a súa gratitude á AD Fogar por traer a Carballo outro campionato galego; e o Alcalde, Evencio Ferrero, subliñou a vontade do Concello de "favorecer a actividade deportiva dos clubs carballeses" e considera que o máster do domingo "é unha moi boa oportunidade para promocionar a vila", xa que "o deporte tamén é economía". Por último, espera que o domingo gañen os nadadores do Fogar e que a cita sexa "un novo éxito para a natación e para o deporte carballés". Os interesados e interesadas poden descargar máis abaixo nesta mesma nova a listaxe de participantes, a normativa e o cartel anunciador da cita en pdf.

Compartir: