Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concurso de Disfraces, Comparsas e Carrozas de...

INSCRICIÓNS ATÉ O VENRES 13 DE FEBREIRO NO PAZO DA CULTURA

O Concurso de Disfraces, Comparsas e Carrozas de Entroido reparte máis de 6.500 euros entre premios e subvencións

Luns 2 de febreiro do 2015

Tamén está aberto o prazo de inscrición do Enterro da Sardiña, que se celebra o martes 17 de febreiro a partir das 21.00 horas. Poden participar todos aqueles grupos de nenos e nenas e/ou adultos compostos por un mínimo de cinco persoas ataviadas coas roupas e obxetos dunha "comitiva fúnebre" para acompañar o enterro da sardiña. Os interesados e interesadas en inscribirse poden facelo até o venres 13 de febreiro na Concellaría de Cultura de 10.00 a 14.00 horas e o propio martes 17 de febreiro (día do Enterro da Sardiña) antes do inicio da actividade de 19.30 a 20.30 horas na Casa do Concello. Para obter máis información, consultar das oficinas de Cultura ou chamar ao 981 704 300. Tamén é posible descargar as bases das citas, así como a folla de inscrición, en dous documentos en pdf máis abaixo nesta mesma nova.

Compartir: