Inicio Carballo ao día Hemeroteca O pleno apoia por unanimidade a aprobación...

O PXOM REMITIRASE AGORA Á XUNTA PARA A SÚA APROBACIÓN DEFINITIVA

O pleno apoia por unanimidade a aprobación provisional do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Carballo

Martes 3 de febreiro do 2015

O Alcalde, Evencio Ferrero, manifestou ao remate da sesión que esta aprobación por unanimidade "é unha boa noticia para Carballo". Agora será a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia a que, nun prazo máximo de dous meses, tramite a aprobación definitiva do PXOM ou impoña novas condicións. Desta forma, o Concello deixaría de rexerse polas normas subsidiarias dos anos 80, en vigor dende a ratificación en novembro de 2011 da anulación por sentenza do 1 de marzo de 2007 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) do PXOM aprobado en maio de 2003.

Compartir: