Inicio Carballo ao día Hemeroteca Alfredo Brañas disfrázase no Entroido para...

ACTIVIDADES DO 13 AO 21 DE FEBREIRO NAS RÚAS E PARROQUIAS

Alfredo Brañas disfrázase no Entroido para celebrar a chegada das comparsas, os disfraces, as carrozas e o enterro da sardiña

Xoves 5 de febreiro do 2015

Os cativos e cativas sempre contan cun lugar especial no Entroido carballés, neste caso coa celebración de obradoiros na Ludoteca Municipal: o luns 16 e o martes 17 de febreiro a partir das 17.30 horas. E non hai que esquecer a animación de rúa. Desta volta, os encargados de levar a festa ao centro carballés serán "Os Charangos", durante a tarde noite do domingo 15 de febreiro e durante o desfile; e a charanga "Quepasa", que animará e acompañará ao Enterro da Sardiña o martes 17 de 18.30 a 22.00 horas. Outra cousa que non falta no Entroido son os bailes. A Concellaría de Terceira Idade que dirixe María del Carmen Regueira Baldomir patrocina dúas destas citas. En primeiro lugar, o Baile de Disfraces da Praza do Concello que segue ao Concurso e Desfile de disfraces comparsas e carrozas do domingo 15. Así, despois do percorrido dos concursantes e durante a deliberación do xurado, a Praza do Concello acolle un baile durante o que terá lugar a entrega de premios. A música correrá a cargo da Orquestra Trébol. Ademais, a Concellaría de Terceira Idade prepara unha Festa e Baile de disfraces para a Terceira Idade, o martes 17 de febreiro ás 18.00 horas no Pazo da Cultura. Estará amenizado por Esther, do Dúo Época.

Exposición de traxes e imaxes do Entroido ourensánEste ano os carballeses e carballesas teñen a oportunidade de gozar dunha exposición de imaxes e traxes auténticos de tres das figuras do Entroido ourensán: a Pantalla, o Felo e o Vergalleiro, representativas, respectivamente, do Entroido de Xinzo de Limia, Maceda e Sarreaus de Xinzo. Rita Blanco Fernández é a encargada de ofrecer esta mostra na que se pode apreciar a beleza e singularidade de cada figura e os rituais propios de cada unha grazas ás imaxes. Por último, hai que subliñar a colaboración das asociacións e entidades dos distintos barrios e parroquias para construír o programa do Entroido. Así, haberá baile de disfraces e festexos propios en Oza, Berdillo, Sísamo, Artes, Sofán, Cances e Ardaña. Así mesmo, o San Cristovo prepara unha festa con actuacións musicais e repítese a cita anual de Entroido do Casino de Carballo o luns 16 de febreiro.

Ferrero, anima á veciñanza a "participar", "a rirse dos demais e do mundo" nestas datas e, como rezaba un cartaz de Entroido de hai anos, alentou á xente a "pintar o indio" e "desfrutar da vida". Os interesados e interesadas en obter máis información sobre as bases do Concurso e desfile de disfraces, comparsas e carrozas e do Enterro da Sardiña, poden facelo máis abaixo nesta mesma nova. Tamén é posible descargar o programa de Entroido ao completo, así como o cartaz anunciador da cita e as follas de inscrición en varios documentos en pdf nesta mesma nova.

Compartir: