Inicio Carballo ao día Hemeroteca A compañía ‘Sarabela Teatro’...

TEATRO NA ESCOLA

A compañía ‘Sarabela Teatro’ actúa para os escolares de Carballo

Martes 14 de febreiro do 2006

Este martes tivo lugar a primeira das representacións, para os alumnos do CEIP Fogar, e o mércores 15 ofrenceranse dous novos pases no Pazo da Cultura. Ás 10,00 horas será para o CEIP Bergantiños e CEIP Canosa-Rus, mentres que ás 11,15 horas serán os alumnos do CEIP A Cristina, CEIP San Luis Romero, CEIP Nétoma-Razo, CEIP Gándara-Sofán e Colexio Artai os que disfruten da representación. A Gata con Botas é unha versión da compañía Sarabela Teatro do coñecido conto de Perrault. Esta é a terceira incursión de Sarabela Teatro no teatro infantil e decide actualizar para deleite de nenos e nenas este conto das ousadas andanzas da gata. O espectáculo está cheo de humor, ternura e enxeño.

Compartir: