Inicio Carballo ao día Hemeroteca Luz verde para o expediente de...

APROBADAS AS BASES DO CERTAME FOTOGRÁFICO XOSÉ MANUEL EIRÍS

Luz verde para o expediente de contratación de obras de "Aglomerado de vías locais nas parroquias de Oza, Razo e Lema"

Luns 9 de febreiro do 2015

Entre os asuntos da orde do día, tamén hai que mencionar a aprobación do programa do Entroido 2015, que suporá o reparto dun total de 7.145 euros entre premios e subvencións tanto no Concurso de Disfraces, Comparsas e Carrozas do domingo 15 de febreiro como no Enterro da Sardiña do martes 16. Fóra da orde do día, a sesión supuxo a aprobación de tres modificacións no Convenio entre o Arcebispado de Santiago de Compostela e o Concello en relación co adro da Igrexa Parroquial de San Xoán Bautista, acordo necesario para emprender os traballos de reurbanización da rúa Martín Herrera. Por último, recibiron luz verde dúas licenzas de obra e unha licenza de primeira ocupación.

Compartir: