Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Biblioteca Rego da Balsa consolida un programa...

DURANTE OS MESES DE FEBREIRO DE MARZO

A Biblioteca Rego da Balsa consolida un programa estable de actividades con contacontos, proxeccións, faladoiros e libros

Xoves 12 de febreiro do 2015

Todas as citas son de balde, aínda que algunhas contan con límite de prazas. Os interesados e interesadas poden preinscribirse ben nas propias instalacións da rúa Bos Aires, ou a través do enderezo <biblioteca@carballo.org>, ou do teléfono 981 758 580. Por orde cronolóxica, as citas son as seguintes:

    • Taller de danza emocional e expresión corporal. Martes 17/02 ás 18.00h. Actividade promovida por Oiko dentro do programa de Febreiro emocional da Biblioteca. Dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos, cun máximo de 12 prazas. Precisa inscrición previa.
    • Presentación do libro: "Galicia: un pobo con futuro. O noso devalo fotográfico". Venres 20/02 ás 19.00h. Libro publicado pola editorial Xerais en colaboración do Museo do Pobo Galego e no que participan diversos expertos que avalían as causas, consecuencias e remedios precisos para os problemas demográficos de Galicia. A cita contará coa presenza do coordinador do libro, Manuel Blanco Desar; do presidente do Museo do Pobo Galego, Justo Beramendi; e do Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero. A cita está dirixida a maiores de 14 anos.
    • Concerto infantil de Magín Blanco. Sábado 21/02 ás 11.30h. Trátase da presentación de "Libros en-Cantados" de Magín Blanco, dirixido ao público infantil e para celebrar o Día Internacional da Lingua Materna.
    • Conmemoración do Día de Rosalía. Martes 24/02. Coincidindo coa data de nacemento de Rosalía de Castro, difundirase un vídeo, o Pazo da Cultura acollerá un concerto do cantautor Narf o venres 27 e visibilizarase a obra da autora na propia Biblioteca.
    • Proxección de "I ante aquel silencio mudo. Rosalía e Cantares". Mércores 25/02. Vídeo producido pola AS-PG no ue que se descubre a unha Rosalía comprometida, rebelde e conscientemente galega. Na presentación participará Xoán Costa, presidente da AS-PG.
    • Pais e nais contan. Xoves 26/02. Ao tratarse do último xoves de mes, algunhas nais e pais usuarias/os da biblioteca contaranlles publicamente un conto aos nenos e nenas. Desta volta os encargados son Ramón Sanjurjo e Yolanda Pombo.
    • Faladoiro con Milagros Cotelo. Xoves 05/03. A artista carballesa Milagros Cotelo, que sofre problemas de mobilidade, falará da súa experiencia superando as súas dificultades grazas á súa forza e vontade.
    • #aBiblioConta. Contacontos infantil. Sábado 7/02. A artista carballesa Milagros Cotelo, que sofre problemas de mobilidade, falará da súa experiencia superando as súas dificultade grazas á súa forza e vontade.
    • Proxección de "Angrois no esquecemento". Mércores 11/03. Documental sobre o accidente ferroviario do 24 de xullo de 2013 en Angrois, coa participación dos protagonistas e vítimas sobreviventes. A cita está dirixida a maiores de 14 anos.
    • Descubre o enigma. Mércores 18/03. Actividade de animación para público infantil de entrada libre.
    • Día internacional da poesía. Sábado 21/03
    • Proxección do documental "Derrubando muros con pintura". Mércores 25/03. Proxección no auditorio do documental sobre o proxecto para transformar o centro carballés nun museo ao aire libre realizado por Mamá Lola Studios.
    • Pais e nais contan. Xoves 26/03. Ao tratarse do último xoves de mes, algunhas nais e pais usuarias/os da biblioteca contaranlles publicamente un conto aos nenos e nenas.
    • Día internacional do teatro. Venres 27/03

    Os interesados/as poden descargar o programa completo de actividades nun documento en pdf nesta mesma nova.

Compartir: