Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo, A Laracha e Malpica formarán a...

A INICIATIVA DURARÁ UN TOTAL DE DOCE MESES ENTRE 2015 E 2016

Carballo, A Laracha e Malpica formarán a 60 persoas do comercio e da hostalería a través dun Plan Integrado de Emprego

Martes 17 de febreiro do 2015

Deste xeito será posible coñecer as necesidades reais de persoal en cada unha das especialidades previstas, a dispoñibilidade das empresas para acoller alumnos/as en prácticas, e o seguimento continuado da formación por parte das empresas para que poidan ter un coñecemento actualizado que facilite a inserción laboral posterior dos alumnos/as. O programa inclúe, ademais, accións de formación transversal que abranguen dende a orientación laboral ata a promoción do emprendemento e a potenciación da marca persoal para a busca de emprego, ademais de módulos sobre prevención de riscos laborais e manipulación de alimentos. Tamén se levarán a cabo accións de prospección entre as empresas asentadas nos tres concellos para acadar un mínimo de 18 insercións laborais. Deste labor encargaranse dous titores, que realizarán visitas individualizadas a empresas dos sectores o comercio e a hostalería.

As seis accións de formación específica previstas son as seguintes:

  • Caixeiro/a - atención ao cliente (420 horas)
  • Mozo/a de almacén - repoñedor/a supermercado - manexo carreta elevadora (390 horas)
  • Dependente de carnizaría (310 horas)
  • Dependente de peixaría (310 horas)
  • Elaboración de repostería (230 horas)
  • Elaboración e presentación de tapas, pinchos e canapés (300 horas)

Compartir: