Inicio Carballo ao día Hemeroteca Comeza o período de prácticas en...

ESTA SEMANA REALÍZASE A SELECCIÓN PARA O DE MOZO DE ALMACÉN

Comeza o período de prácticas en empresas para o alumnado do Curso de auxiliar de comercio da Bolsa de Traballo

Xoves 19 de febreiro do 2015

Ao mesmo tempo, na BDT traballan xa na próxima acción formativa para os seus usuarios e usuarias. O día 25 de febreiro terá lugar a presentación do curso de mozo de almacén, que constará de 70 horas teóricas e outras tantas prácticas. Como no caso de auxiliar de comercio hai 25 prazas, neste caso reservadas para desempregados de 25 a 50 anos de idade con menos de dous anos de experiencia no sector. Dende a Bolsa de Traballo convocaron onte aos 400 preseleccionados para as entrevistas que se celebrarán ao longo desta semana, e o luns 23 de febreiro farase pública a lista de seleccionados. O Plan de Formación da BDT para o primeiro semestre do 2015 continuará en marzo con cursos de preparación en competencias clave e talleres específicos de hostalería, tanto en servizos de restaurante e bar coma en cociña.

Compartir: