Inicio Carballo ao día Hemeroteca Justo Beramendi, Xan Fraga e Manuel B. Desar...

VENRES 20 DE FEBREIRO ÁS 19.00 HORAS

Justo Beramendi, Xan Fraga e Manuel B. Desar falan sobre o futuro demográfico de Galicia na Biblioteca Rego da Balsa

Xoves 19 de febreiro do 2015

Esta presentación servirá como debate e proposta sobre o noso futuro demográfico, sobre as causas da perda de poboación e sobre as propostas para corrixir a situación e que o noso pobo non esmoreza. Por iso participarán o catedrático de historia e fundador e presidente do Museo do Pobo Galego, Justo Beramendi; o historiador local Xan M. Fraga Rodríguez; e o coordinador do libro, o economista, avogado e politólogo Manual Blanco Desar. No debate estarán acompañados polo Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero.

Compartir: