Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello amplía o contrato do servizo de...

A REDUCIÓN DO CONSUMO ELÉCTRICO ESTÍMASE NUN 80 POR CENTO

O Concello amplía o contrato do servizo de mantemento e subministro do alumeado para colocar 300 novos puntos de luz

Venres 20 de febreiro do 2015

O segundo punto da orde do día supón a aprobación da conta de recadación do exercicio 2014, que debe recibir o visto e prace do pleno. Ferrero subliñou que o Concello conta cuns "elevadísimos índices de eficiencia", que teñen unha media dun 90 por cento de recadación no período voluntario de cobro. A única excepción é a taxa por venda na feira da Milagrosa, na que o índice é dun 78 por cento. Aínda así, aumentou notablemente respecto de 2013, en que fora do 53 por cento. No resto de apartados, o índice no imposto sobre bens inmobles de características especiais é dun cen por cen (trátase do pago pola autopista AG-55); sobre bens inmobles de natureza urbana, IBI urbano, dun 93 por cento, subindo un punto; sobre bens inmobles de natureza rústica, IBI rústico, do 95 por cento, aumentando tamén nun punto respecto de 2013; no IAE, imposto sobre actividades económicas, o índice é dun 90 por cento, baixando catro puntos respecto do ano anterior, un feito que o Alcalde atribúe á situación de crise económica; no caso do imposto de vehículos de tracción mecánica chégase ao 90 por cento, catro puntos máis que en 2013; nas taxas de lixo de vivendas e lixo comercial os índices son do 96 e o 91 por cento, respectivamente, aumentando en cinco e sete puntos a recadación; e por último, no caso dos vaos permanentes, o índice é dun 98 por cento, mentres que en 2013 fora do 95 por cen.

A sesión remata co seguimento de órganos de goberno, entre os que se inclúe a dación de conta do Informe de Intervención e Tesourería do cumprimento da lei 15/2010 de medidas conta a morosidade, relativo ao cuarto trimestre de 2014. Dentro do período legal de pago o Concello de Carballo realizou un total de 1026 pagos por un importe de 2.938.188,55 euros cunha media de 26,3 días. Fóra do período legal realizáronse 125 pagos por un importe de 500.657,65 euros, e cunha media de 22,55 días. Houbo un total de 41 operacións pendentes de pago a final de trimestre por 133.245,32 euros. E dentro do período legal a final do trimestre téñense realizado 464 pagos por un importe de 887.052,88 euros cunha media de 19,15 días. Finalmente, quedaron fóra de recoñecemento 11.667,24 euros.

Compartir: