Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Biblioteca celebra o 21 de febreiro o Día...

A PARTIR DAS 11.30 HORAS NO 2º ANDAR DO EDIFICIO

A Biblioteca celebra o 21 de febreiro o Día Internacional da Lingua Materna cun concerto infantil de Magín Blanco

Venres 20 de febreiro do 2015

O Día Internacional da Lingua Materna é unha celebración proclamada pola Unesco en 1999 coincidindo coa data en que en 1952 a policía e mais o exército paquistaní abriron fogo contra unha multitude de falantes bengalís que se manifestaba polos seus dereitos lingüísticos, vinte anos antes da independencia de Bangladesh, na súa capital Dhaka. Defendían a súa lingua materna, a do seu pobo, a da súa comunidade, a que é a propia do seu territorio, como para nós é a galega.

Compartir: