Inicio Carballo ao día Hemeroteca Luz verde para a realización da II edición do...

SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN PARA A LIMPEZA DE PRAIAS 2015

Luz verde para a realización da II edición do Festival Carballo InterPlay e para as bases do Concurso de webseries CIP15

Luns 23 de febreiro do 2015

Fóra da orde do día, e no apartado de contratación, recibiu luz verde o contrato administrativo especial para a "Concesión demanial da utilización privativa de bens de uso público municipal no casco urbano para a colocación de postos durante as festas patronais do San Xoán". A adxudicación da concesión realizarase mediante procedemento aberto para a instalación de barracas, carruseis e demais postos, elementos e xogos exclusivos típicos de festa durante as Festas Patronais de San Xoán do Concello de Carballo correspondentes aos anos 2015 e 2016. O único criterio de adxudicación será o factor prezo. Tamén en contratación aprobouse o expediente para os servizos de "Asesoría xurídica ao Centro de Información á Muller de Carballo", así como unha prórroga do contrato actual polo período de duración do procedemento de licitación en curso. No apartado de subvencións, recibiu luz verde unha solicitude dunha axuda á Deputación provincial da Coruña para a limpeza de praias 2015 por un importe de 33.840 euros; así como a corrección de erros dunha solicitude de subvención á Xunta de Galicia para o equipamento e mellora das instalacións locais utilizadas para a realización de actividades culturais 2015.

Por último, no apartado de convenios aprobouse un de colaboración co Concello de Arzúa para o reforzo do servizo da Policía Local durante a celebración da Festa do Queixo de Arzúa cun axente de Carballo; e se ratificou unha prórroga para o convenio coa Fundación Humana Pueblo para Pueblo para o fomento da reciclaxe de roupa usada e o comportamento sostible por un prazo de dous anos.

Compartir: