Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo celebra o Día de Rosalía de Castro coa...

CITAS O MÉRCORES 25 E O VENRES 27 DE FEBREIRO

Carballo celebra o Día de Rosalía de Castro coa proxección dunha curta documental e un concerto de Narf

Martes 24 de febreiro do 2015

Narf trae a Carballo un espectáculo musical onde ten un protagonismo especial a obra de Rosalía, nomeadamente os seus poemas, a través do seu último disco titulado "Nas tardes escuras". Escoitaremos cantar en galego, portugués, en linguas de orixe bantú ou en inglés. O prezo do concerto é de 3 euros (2 euros o prezo especial con desconto) e xa se poden reservar as entradas no Pazo da Cultura (de 11.00 a 14.00 horas nas oficinas do 1º andar do Pazo da Cultura ou no 981 704 300). Ademais, o concello tamén difunde o vídeo gravado o ano pasado "Recitando a Rosalía desde Carballo", e farao nas redes sociais coa etiqueta promovida para este día #EuSonRosalía.

Compartir: