Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello organiza visitas guiadas cos centros...

PRIMEIRA CITA: MÉRCORES 25 DE FEBREIRO CO CEIP A CRISTINA

O Concello organiza visitas guiadas cos centros de ensino á ETAP e á EDAR de Carballo para sensibilizar sobre o consumo de auga

Mércores 25 de febreiro do 2015

Está previsto que todas as visitas se realicen en horario de mañá, de 10.00 a 12.00 horas, e van dirixidas ao alumnado do 3º ciclo de primaria (5º e 6º). Despois do CEIP A Cristina, os seguintes en pasar polas instalacións municipais serán o CEIP Xesús San Luis Romero, o CEIP Fogar, o CEIP Nétoma-Razo, o CPI Artai e o CEIP Bergantiños. O "Proxecto Anllóns-Bardoso: posta en valor dos ríos", é unha actuación co financiada nun 70 por cento pola Unión Europea a través das axudas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e que conta cun orzamento global de 4.145.796,56 euros.

Compartir: