Inicio Carballo ao día Hemeroteca Volven os Venres Culturais despois da paréntese...

VENRES 27 DE FEBREIRO E DOMINGO 1 DE MARZO NO PAZO DA CULTURA

Volven os Venres Culturais despois da paréntese do Entroido coa música de NARF e os monicreques de Mundo Mandarina

Mércores 25 de febreiro do 2015

Para os máis cativos e cativas volve o ciclo En Familia o domingo 1 de marzo coa compañía Mundo Mandarina, que presenta "Laboratorio máxico". Trátase dun espectáculo no que se mestura a maxia, o clown e os monicreques. A maga Mandarina provoca primeiro a expectación do público para despois sorprendelo entre gargalladas grazas aos xogos de máxia cómica. Como gran aliado, conta co túzaro de Rigoberto, o seu paxaro, pouco amigo das festas e cun humor máis que escaso. Mandarina é un personaxe que une a ironía e a intelixencia do mago co despiste, a inocencia e o amor polo público do pallaso nun cóctel realmente explosivo. Improvisación, humor e maxia sorprendente que fan que a risa estea presente durante todo o espectáculo en pequenos e adultos. Mundo Mandarina é gargallada, risa, humor. Esta compañía ten unha importante traxectoria nos circuítos de festivais e de actuacións de novo circo, e xa recolleu relevantes premios en España nestes 10 anos de vida. O prezo das entradas é de 3€, e o especial con desconto para estudantes e maiores de 65 anos, de 2 €. A función está prevista para as 18.00 horas. As entradas poden xa reservarse na Concellaría de Cultura (981 704 300).

Compartir: