Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello pecha o exercicio 2014 cun remanente...

AS DÉBEDA POR HABITANTE NON CHEGA AOS 40 EUROS

O Concello pecha o exercicio 2014 cun remanente de tesourería para gastos xerais de case seis millóns de euros

Sábado 28 de febreiro do 2015

Ferrero e Lendoiro tamén destacaron, ademais da "altísima liquidez para pagos", a baixa carga financeira do Concello, cunha débeda per cápita "inferior a 40 euros por habitante", o que sumado a que o Concello "está moi saneado economicamente", segundo salienta o Alcalde, permitirá "que se acometan novas obras e novas melloras" durante o próximo mandato. Respecto da porcentaxe do remanente que a nova corporación poderá destinar a novos investimentos, Ferrero explica que a lei sinala que sempre "hai que deixar o remanente equivalente para que a débeda pública estea a cero", o que no caso de Carballo supón arredor de 1,2 millóns de euros. O diferencial, segundo estipula a normativa, poderá dedicarse a actuacións relacionadas coa sostibilidade. En todo caso, Ferrero subliña que durante o novo mandato, o Concello contará cunha mellor situación económica que a actual, non só porque é previsible que se "flexibilicen" as normas marcadas polo Ministerio para o gasto municipal, senón tamén porque 2015 é o último ano de aplicación do plan de estabilidade e a partir de 2016 a corporación poderá contar cun orzamento nivelado en gastos e ingresos, o que, facendo a comparativa coa liquidación do exercicio de 2014, suporía arredor 980.000 euros máis para realizar investimentos.

Compartir: