Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Federación Galega de Atletismo outorga un...

O VENRES 27 DE FEBREIRO MARCOS TRIGO RECOLLE O GALARDÓN EN SADA

A Federación Galega de Atletismo outorga un premio especial ao Concello de Carballo polo seu apoio a este deporte

Venres 27 de febreiro do 2015

O apoio do Concello de Carballo ao atletismo tamén se concretará no proxecto de humanización da contorna do Complexo Deportivo Vila de Noia, o CEIP Fogar, o Parque do Chorís e o IES Alfredo Brañas. Neste sentido, o Concelleiro de Deportes valora as achegas realizadas dende os clubs de atletismo locais de cara a aproveitar ese proxecto para acondicionar unha serie de instalacións específicas para a práctica deste deporte. Trigo considera, non obstante, que ese tipo de actuacións teñen que ser obxecto dun proxecto á parte, e nese sentido expresou a súa intención de convocar aos dous clubs, Os Muditos e Atletismo Carballo, a unha xuntanza na que se estudará a viabilidade das diferentes propostas.

Gala Anual do Atletismo GalegoA Gala Anual do Atletismo Galego, que pecha unha tempada chea de éxitos, ten o seu comezo marcado ás 19.30 horas. No evento, na Casa da Cultura de Sada, está previsto que participen arredor de 200 persoas: atletas, clubs, adestradores e xuíces. O obxectivo da gala é recoñecer o labor de institucións e empresas que apoiaron o atletismo no último ano. Tamén serán premiados os medallistas en campionatos de España e internacionais, e ademais de realizarse un recoñecemento a xuíces, adestradores e clubs.

Compartir: