Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo presenta proxectos formativos e de...

OBRADOIRO PARA MOZ@S, CURSOS AFD E ACCIÓNS DE CONTRATACIÓN

Carballo presenta proxectos formativos e de contratación para axudar a máis de 150 persoas desempregadas

Luns 2 de marzo do 2015

Os cursos serían nas especialidades de cociña (na imaxe o de cociña celebrado en 2014 no Fórum), servizos de restaurante, soldadura con electrodo revestido, soldadura oxigás e mig mag, montaxe de instalacións electrotécnicas, programación de sistemas informáticos e administración de servizos de Internet. Todos estes cursos, financiados tamén pola Consellería de Traballo e Benestar, están homologados e inclúen certificados de profesionalidade. Así mesmo, dentro da convocatoria de subvencións para a contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da RISGA, o Concello de Carballo propón a contratación de 10 persoas para desenvolver dous proxectos. Un de rehabilitación de espazos públicos, que permitiría insertar a seis persoas durante sete meses para realizar tarefas de mantemento de espazos verdes, limpeza de solares, beirarrúas, cauces fluviais, lavadoiros e fontes ou vertedoiros incontrolados. E outro de restauración de contornos municipais, para catro traballadores durante sete meses, coa finalidade de traballar no acondicionamento de beirarrúas, eliminación de barreiras arquitectónicas, acondicionamento de parques infantís e reparación de infraestruturas viarias.

Compartir: