Inicio Carballo ao día Hemeroteca Unha trintena de alumn@s dos IES Alfredo Brañas e...

COMPITEN NA FASE ZONAL COS EQUIPOS DE FERROL E NEGREIRA

Unha trintena de alumn@s dos IES Alfredo Brañas e Parga Pondal participan o 7 de marzo en Ferrol no Club de Debate

Xoves 5 de marzo do 2015

De cada debate, o xurado, composto por lingüistas, xornalistas, docentes e comunicadores/as, emitirá unha puntuación coa que se conforma a clasificación final e cuxos dous primeiros equipos recibirán como agasallo material cultural por valor de 500 e 300 euros. Os equipos procedentes de Carballo están formados por:

- Equipo do IES Isidro Parga Pondal: Francisco Javier Martínez Cambón, Sara Cancela Blanco, David Castro Reigia, Ana Cambón Periscal, Lorena Bello Reyes, Irene Quintela Nieto, Cristina Fuentes Lorenzo, Sabela Lista Rodríguez, Marina de la Iglesia Costa e Mónica Tato Romero.

- Equipo 1 do IES Alfredo Brañas: Laura María Reigía Couto, Manuel Eirín Leis, Lucía Ramos Lage, María Pombo García, Álvaro Rodríguez López, Diego Mallo Cotelo, Ana Facal Suárez, Sofía Vila Carracedo e Judith Martinez Pérez.

- Equipo 2 do IES Alfredo Brañas: Andrés Puente Souto, Blanca Arán Pose, Ander Omar Hidalgo Hernández, Antonio Viña Varela, Uxía Esmorís Suárez, Laura Freijeiro Longueira, Irene Fraga Periscal, Tabatha Stephania García Reymúndez e Katiana Veiga Espasandín.

A entrega de premios da fase deste sábado está prevista para as 20.30 h no propio Teatro Jofre de Ferrol. Os dous primeiros equipos clasificados nesta fase de zona clasifícanse para a final galega, na que debaterán cos dous primeiros clasificados das fases de zona de Pontevedra e Compostela. Esta final galega, na que participarán seis equipos, terá lugar o domingo 26 de abril no Pazo da Cultura de Carballo. O premio final que agarda ao equipo gañador é unha viaxe multiaventura dunha fin de semana na que terán ocasión, entre outras cousas, de achegarse ao patrimonio lingüístico a través de actividades lúdicas nas que o idioma terá un papel fundamental, en coherencia co obxectivo principal do proxecto, que é promover o uso da lingua oral nos contextos formais e informais. En consonancia tamén con este obxectivo, o tema sobre o que debaterán na final de Carballo é: "Herdamos o galego, temos que transmitilo".

Compartir: