Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello licitará o contrato de...

O ÚNICO CRITERIO DE VALORACIÓN SERÁ O CANON, DUN MÍNIMO DE 100.000€

O Concello licitará o contrato de xestión do ciclo da auga por un período dun ano e por un importe de 1,8 millóns de euros

Venres 6 de marzo do 2015

Lantes tamén especifica que as condicións do contrato son "practicamente iguais ás que se levaron ao pleno de xaneiro", a excepción de todas aquelas esixencias e melloras que requirían de máis dun ano para poder desenvolverse e que foron suprimidas. Ferrero e Lantes tamén quixeron aclarar que nesta ocasión non é necesario para iniciar o proceso de licitación recorrer á ratificación do pleno porque nas actuacións que teñan un importe que non supere o dez por cento dos recursos ordinarios do Concello (nestes momentos cun orzamento aprobado de máis de 21 millóns de euros) ou que non superen de forma global os seis millóns de euros, o expediente de contratación pode recibir o visto e prace na Xunta de Goberno Local como órgano competente. Ferrero tamén quixo aclarar que a medida adoptada polo goberno para resolver a situación que se ten producido co contrato do servizo da auga non é anómala, xa que se ten dado noutros concellos da contorna, como por exemplo o de Ames. O Alcalde confía en que se presenten varias empresas ao proceso e que para xuño, momento en que remata a prórroga de Viaqua, xa se conte cunha nova adxudicataria.

Compartir: