Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo conmemora o 8 de marzo, Día da Muller,...

AS SESIÓNS TERÁN LUGAR EN TODOS OS CENTROS DE PRIMARIA

Carballo conmemora o 8 de marzo, Día da Muller, cunha serie de actividades a prol da igualdade para os máis cativos e cativas

Sábado 7 de marzo do 2015

A idea de establecer un Día Internacional da Muller xurdiu a finais do século XIX en plena revolución industrial e tralo auxe do movemento obreiro. A comezos do século, moitas mulleres se incorporaron ao traballo nas fábricas nunhas condicións moi duras: longas xornadas laborais e salarios inferiores aos dos homes. A medida que as mulleres se incorporaban ao mundo laboral, se facía máis evidente que aquela situación non era xusta, e pouco a pouco, organizáronse. Desde eses primeiros anos, o Día Internacional da Muller adquiriu unha nova dimensión mundial para as mulleres dos países máis desenvolvidos e dos que están en vías de desenvolvemento. O crecente movemento internacional da muller, reforzado polas Nacións Unidas mediante catro conferencias mundiais sobre a muller, contribuíu a que a conmemoración sexa un punto de converxencia das actividades coordinadas en favor dos dereitos da muller e a súa participación na vida política e económica. O Día Internacional da Muller e cada vez máis unha ocasión para reflexionar sobre os avances conseguidos, esixir cambios e celebrar os actos de valor e decisión de mulleres comúns que teñen desempeñado unha función extraordinaria. Aínda queda moito por acadar en canto as diferenzas salariais e polo que se refire aos postos de responsabilidade, a loita das mulleres continúa en prol de acadar a igualdade.

Compartir: