Inicio Carballo ao día Hemeroteca Comezan as titorías individuais para os 18...

ABERTO O PRAZO PARA ANOTARSE NUN CURSO DE MARKETING

Comezan as titorías individuais para os 18 comerciantes que participan no curso de atención ao cliente da OPE

Luns 9 de marzo do 2015

Ter a produción ao día, facer as entregas a tempo e manter un inventario en condicións óptimas son ferramentas fundamentais á hora de establecer unha estratexia de marketing que permita buscar novas oportunidades de mercado e chegar dun xeito máis eficaz e eficiente aos clientes potenciais. Os comerciantes interesados en participar poden inscribirse na Oficina de Promoción Económica (OPE) chamando ao teléfono 981 709 013 ou enviando un correo electrónico cos seus datos persoais a <paulalema@carballo.org>. Por último, segue aberto o prazo de para as dúas xornadas de dinamización do comercio que se celebrarán os días 11 e 18 no Fórum Carballo (21 a 22.30 horas). A primeira, titulada "Fai rendible o teu comercio", centrarase nos investimentos e técnicas que poden utilizar os empresarios para mellorar a rendibilidade dos seus negocios. Na segunda, "O urbanismo no meu comercio", tratará sobre as vantaxes e os inconvintes das peonalizacións.

Compartir: