Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobado en Xunta de Goberno o contrato de...

ADHESIÓN A UN CONVENIO DE APOIO A FAMILIAS NUMEROSAS

Aprobado en Xunta de Goberno o contrato de xestión do ciclo da auga por un importe de 1,8 millóns de euros

Luns 9 de marzo do 2015

Xa no apartado de convenios aprobouse un acordo de adhesión do Concello a un acordo entre a Consellería de Traballo e Benestar, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e a Asociación Galega de Familias Numerosas (Afagan) para dar a coñecer os beneficios que os municipios galegos outorgan ás familias numerosas e polo que se darán a coñecer os concedidos polo Concello carballés. Así mesmo, recibiu o visto e prace un acordo de colaboración entre empresas e o Centro Municipal de Formación para a realización de prácticas profesionais non laborais para mellorar a capacitación adquirida polo alumnado. No apartado de subvencións, aprobouse a solicitude da ANPA "A Braña" para o desenvolvemento dunha Escola de Deportes co obxecto de favorecer a práctica da actividade deportiva en idade escolar. Así mesmo, a Xunta de Goberno supuxo a aprobación dun vao permanente, dunha licenza de obra, dunha licenza de obra e apertura e de tres licenzas de primeira ocupación.

Compartir: