Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo convoca un ano máis o Premio a artigos...

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE ARTIGOS INÉDITOS: ATÉ O 15 DE ABRIL

Carballo convoca un ano máis o Premio a artigos xornalísticos sobre lingua, que chega á súa décimo primeira edición

Martes 10 de marzo do 2015

En edicións anteriores foron premiados/as autores/as como Xurxo Carballido, Olga Patiño, Ana Barreiro, Ramón Vilar Landeira, Miguel Mosquera, Séchu Sende, Kiko Novoa, Xesús Fraga, Pilar García Negro, Marica Campo, Marcos Abalde, Carlos Callón, Mariña Pérez Rei ou José Casás. Todos os artigos premiados tiveron unha gran repercusión, xa que foron publicados e difundidos por todos os medios colaboradores cada ano. As bases do concurso poden descargarse nesta mesma nova. Así mesmo, é posible obter máis información no Servizo de Normalización Lingüística, no teléfono 981 704 304 ou no enderezo electrónico <normalizador@carballo.org>.

Compartir: