Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Biblioteca Rego da Balsa acolle a...

MÉRCORES 11 DE MARZO ÁS 19.00 HORAS

A Biblioteca Rego da Balsa acolle a proxección de "Angrois no esquecemento", documental sobre o accidente de Santiago

Martes 10 de marzo do 2015

O colectivo audiovisual Lentes Diverxentes comeza a súa andaina coa idea de contribuír ao cambio dunha sociedade na que hai voces que non se chegan a escoitar. Ese é o proxecto dun grupo de catro persoas que, de xeito desinteresado, altruísta e autofinanciado trata de sacar á luz problemáticas sociais desde o punto de vista de quen as padece. A cita para ver o documental é na Biblioteca Rego da Balsa o mércores 11 de marzo a partir das 19.00 horas. A asistencia é de balde ata completar o aforo.

Compartir: