Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Xunta pide que se subsanen varios aspectos da...

DEBE XUSTIFICARSE A INCLUSIÓN DE DOUS ÁMBITOS NO PLANEAMENTO

A Xunta pide que se subsanen varios aspectos da documentación do PXOM, o que se fará antes de que remate a semana

Mércores 11 de marzo do 2015

Despois de celebrarse hoxe pola mañá unha xuntanza da Comisión informativa de Urbanismo e Medio Rural con presenza de todos os voceiros municipais, así como de membros do equipo redactor do PXOM e técnicos municipais, acordouse por unanimidade que, para cumprir con este terceiro aspecto -recollido nun informe elaborado por Augas de Galicia-, o Concello carballés vai seguir o mesmo criterio que outros concellos que tamén están en proceso de aprobar o seu planeamento de forma definitiva e que se atopan nunha circunstancia similar. Así, segundo informa Milagros Lantes, elaborarase unha xustificación na que se expliquen os motivos polos que estes ámbitos están incluídos no Plan Xeral de Ordenación Municipal e, ademais, especificarase nas fichas do UU-R13 e do UU-R14 que calquera desenvolvemento futuro que afecte a estas zonas deberá contar cun informe favorable de Augas de Galicia. O Alcalde espera que a final de semana podan remitirse as subsanacións para poder continuar co proceso de aprobación definitiva do PXOM. Unha vez a Xunta reciba toda a documentación, poderá ditaminar nun prazo de dous meses a aprobación ou o rexeitamento do PXOM, unha aprobación parcial ou unha aprobación con condicións do planeamento.

Compartir: