Inicio Carballo ao día Hemeroteca Albert Llovera, Martín Varela e Manuel...

O FORUM ENCHEUSE PARA FALAR DE DIVERSIDADE FUNCIONAL

Albert Llovera, Martín Varela e Manuel Ríos transformaron o inForum15 nunha xornada chea de motivación e loita

Venres 13 de marzo do 2015

E como peche, falou Albert Llovera, un deportista que ten sido campión de rallies case dende o comezo da súa traxectoria e que o ano pasado conseguiu competir no Dakar, porque "as cousas imposibles están para facelas posibles de verdade". Ao igual que os seus compañeiros, falou da motivación que supón para as persoas con diversidade funcional o feito de que lles neguen a posibilidade de facer algo, xa que iso fai que pelexen máis e máis duro para conseguilo. De feito, explica que, despois do seu accidente de esquí con tan só 17 anos, que o deixou paralizado do peito para abaixo, e dun proceso de recuperación no que viviu en Estados Unidos xogando ao baloncesto, cando chegou ao mundo dos rallies "o regulamento poñía que a xente con discapacidade non podía competir, mesmo que molestábamos", o que non foi máis que unha motivación extra para conseguir unha licenza de competición, o que acadou despois de insistir durante ano e medio. E a partir de aí, demostrou a súa capacidade para correr, facendo podio no mesmo ano do seu debut. Todos se mostraron de acordo na frase de Martín Varela que asegura que "chegamos ata onde nos deixan chegar, porque a maioría dos límites son os que nos pon a sociedade", pero tamén lanzan unha mensaxe de superación, porque, como explica Albert Llovera "todos temos algo excepcional dentro de nós", "todos temos problemas e incapacidades. Nós ao mellor máis, pero non por iso somos mellores o peores". Inmellorable reflexión para pechar un #inForum15 que volverá en breve con novas citas.

Compartir: