Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo colabora coa celebración dunha carreira...

XA ESTÁ ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN, ATÉ O 4 DE ABRIL

Carballo colabora coa celebración dunha carreira solidaria nocturna por parellas que terá lugar o sábado 11 de abril

Venres 13 de marzo do 2015

Respecto das categorías, os participantes irán saíndo por orde de pitufo, benxamín, alevín, infantil e cadete a partir das 19.45 horas; mentres que os adultos, que estarán controlados por chip, sairán ás 21.00 horas para realizar un percorrido de 5.000 metros. As parellas de adultos poderán ser de categoría masculina, feminina, mixta e haberá unha categoría especial para aquelas persoas que entre as dúas sumen máis de 100 anos, para darlle unha oportunidade aos veteranos de competir. O Concelleiro de Deporte de Carballo, Marcos Trigo, manifestou a súa "ledicia" de que entidades como Atletismo Carballo organicen "probas atléticas que pola hora e o formato teñan un trasfondo festivo". Cualifica a idea como "estupenda" e espera que a carreira "funcione e que lle guste a público e participantes", desexando que a cita "teña continuidade no futuro". Tamén amosou a súa satisfacción porque unha das disciplinas deportivas que non tiñan moita presenza no municipio, como é o atletismo, agora conte con dous clubs que traballan a prol deste deporte. Máis abaixo nesta mesma nova pode descargarse o regulamento da proba en pdf, e acceder á ligazón da Federación Galega de Atletismo onde formalizar as inscricións.

Compartir: