Inicio Carballo ao día Hemeroteca Arrinca un Curso de Competencias Clave e remata...

UN TOTAL DE 75 PERSONAS PARTICIPAN NESTAS ACCIÓNS FORMATIVAS

Arrinca un Curso de Competencias Clave e remata un de Mozo de Almacén organizados pola Bolsa de Traballo Municipal

Martes 17 de marzo do 2015

Esta acción formativa comezou o 25 de febreiro e acaba de finalizar a súa parte teórica coa entrega de diplomas por parte do Concelleiro de Formación e Emprego, Marcos Trigo. O curso supón un total de 140 horas lectivas, das cales a metade son teóricas e outras tantas prácticas en empresas. A partir do 23 de marzo, o alumnado que superou con éxito a formación teórica, para o que tivo que contar cunha avaliación positiva por parte do equipo docente, ademais de asistir ao 85 por cento do total das horas teóricas, poderá comezar a realizar as súas prácticas profesionais non laborais en empresas do sector. Esta acción formativa conta co aval do Instituto Madrileño de Formación (IMF), e foi impartido de forma gratuíta para inscritos e inscritas na Bolsa de Traballo. O Concelleiro Marcos Trigo espera que os beneficiarios deste curso atopen o antes posible o seu camiño para incorporarse ao mercado laboral.

Compartir: