Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo conmemora o Día da Árbore...

AS CITAS ESTÁN PREVISTAS O 21 E 29 DE MARZO

Carballo conmemora o Día da Árbore cunha plantación no Parque do Anllóns e cunha ruta guiada por Aldemunde

Xoves 19 de marzo do 2015

A saída será organizada, como de costume, cun bocadillo para comer, con transporte ata o lugar de inicio do roteiro e dun xeito interpretativo. Por último, o 24 de marzo está prevista unha saída interpretativa ao Bosque de Ribeira da Pena con alumnado do IES Otero Pedrayo da Laracha. Así, este bosque é un dos moi poucos que teñen características propias do antigo bosque atlántico e que quedan na Costa da Morte. Novas vías para percorrelo dun xeito ecolóxico e saídas polo espectacular espazo amosarán o estado de regresión do tesouro natural do que aínda podemos gozar. Ademais de para o alumnado, tamén está previsto organizar visitas guiadas para o público en xeral en próximas datas. Os interesados e interesadas poden descargar nesta mesma nova en pdf o cartel anunciador da cita.

Compartir: