Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo levará a pleno a...

ENTREVISTA EN SANTIAGO DO ALCALDE CO DIRECTOR DE AUGAS

Carballo levará a pleno a subsanación documental do PXOM e expuxo o acordo da Comisión de Urbanismo en Augas de Galicia

Mércores 18 de marzo do 2015

Hai que lembrar que segundo a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, o PXOM non cumpre coa integridade documental en tres aspectos principais, dos cales dous son cuestións nimias. Así, apuntouse a necesidade de que o plan conste unha comunicación á Consellería de Facenda da Xunta da aprobación inicial e provisional do PXOM; e demandouse a inclusión dunha cuadrícula de "servidume de estradas", un plano de ordenación do núcleo rural do Quinto e unha xustificación dos criterios das Directrices de Ordenación do Territorio. Estes aspectos xa teñen sido subsanados co envío da documentación á Xunta. No terceiro caso, dos ámbitos afectados polo fluxo preferente, haberá que esperar á ratificación plenaria.

Compartir: