Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo será a sede galega de referencia do...

PARTICIPAN O CONCELLO, BALONMÁN XIRIA, A FGB E PAÍSES BAIXOS

Carballo será a sede galega de referencia do programa internacional de balonmán

Xoves 19 de marzo do 2015

O convenio senta as bases para o establecemento dunha estrutura de traballo e colaboración entre Galicia e a rexión holandesa de Zuid, e con esa finalidade poñerase en marcha un intercambio de información e coñecementos entre as federacións holandesa e galega, e ademais crearase unha base de datos de cara a futuros intercambios e participacións en torneos locais e estatais de ámbolos dous países. Por último, o proxecto inclúe tamén un traballo conxunto para a detección de novos talentos e a formación dos profesionais na xestión deportiva.

Compartir: