Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo asina un convenio para participar no...

UN TOTAL DE 12 CONCELLOS PARTICIPAN NA INICIATIVA

Carballo asina un convenio para participar no proxecto Apego para promover o uso do galego dende as idades máis temperás

Luns 23 de marzo do 2015

Outro dos obxectivos do programa é aumentar o uso do galego no contexto familiar e social dos nenos e nenas nas primeiras idades. Para iso, poranse en marcha diversas accións deseñadas conxuntamente polos concellos participantes, que se adaptarán ás circunstancias concretas de cada municipio. Entre estas accións estará o deseño dunha imaxe común para o programa; a edición dunha campaña informativa con material para distribuír nos espazos que habitualmente atenden ao embarazo e á adopción; ou a elaboración dunha caixa para entregarlles ás embarazadas coa finalidade de preparar a acollida das crianzas, dende a perspectiva da responsabilidade da transmisión da lingua. O programa Apego buscará tamén a creación dunha rede coas familias interesadas en recibir información e recursos de apoio para a crianza en galego. Estas actividades completaranse con obradoiros formativos e coa creación dun espazo-web para informar do desenvolvemento do programa e aglutinar o acceso á información, recursos e redes de apoio á transmisión da lingua.

Ademais do Alcalde de Carballo, asinaron o protocolo esta mañá en Raxoi os alcaldes de Santiago, Agustín Hernández; A Baña, José Andrés García Cardeso; Negreira, Juan Rey Maceira; Redondela, Javier Bas Corugeira; e Rois, Ramón Tojo Lens; os concelleiros de Normalización Lingüística de Ferrol, Martina Aneiros Barros; e de Pontevedra, Demetrio Gómez Xunqueira; os concelleiros de Cultura de Carnota, Iván Franco Grande, e de Ourense, Ana Mª Garrido Rodríguez; e a concelleira de Educación e Bibliotecas de Narón, María del Carmen Espada.

Compartir: