Inicio Carballo ao día Hemeroteca Luz verde para o contrato de "Mellora de...

ADXUDICADO O MANTEMENTO DAS INSTALACIÓNS CONTRA INCENDIOS

Luz verde para o contrato de "Mellora de capa de rodadura en Cances Grande, Parroquia de Cances", incluída no POS 2015

Luns 23 de marzo do 2015

No apartado de convenios, a sesión supuxo luz verde para un acordo marco de colaboración formativa entre a Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia e o Concello de Carballo para a realización de prácticas profesionais titorizadas dentro do programa de formación ocupacional da Xunta de Galicia en Socorrismo en espazos naturais e instalacións acuáticas. O Concello comprométese a acoller ao alumnado de prácticas a garantir a máis ampla aplicación dos coñecementos adquiridos, así como o seguimento e apoio por pare da persoa titora designada para avaliar as prácticas realizadas. A Fessga deberá proporcionar os equipos axeitados para o desempeño das súas funcións e velar polo uso efectivo dos mesmos cando sexa necesario. Por último, a Xunta de Goberno aprobou un vao permanente, dúas licenzas de obra e unha licenza de parcelación.

Compartir: