Inicio Carballo ao día Hemeroteca Arrincan os Concertos de Primavera do ciclo de...

CITAS O MÉRCORES 25 E O XOVES 26 DE MARZO NO PAZO DA CULTURA

Arrincan os Concertos de Primavera do ciclo de Novos Intérpretes do Conservatorio Profesional de Música

Martes 24 de marzo do 2015

Así mesmo, os Venres Culturais pechan esta semana a súa andaina de 2015 coa cita anual RockCarballo. Este concerto terá lugar o venres 27 de marzo e congregará no auditorio do Pazo da Cultura a oito formacións de diferentes xéneros musicais ainda que todas elas estarán unidas baixo o denominador común da música pop e rock. As formacións participantes serán, por orde de intervención, Aula 11, Sonseis+, Amenaza de Muerte, Dude, Lowcos, Versión Imposible, Strobos e, pecharán este ano o concerto, The Cerne. Conxuntos con moita experiencia e voces con anos enriba das táboas, compartirán escenario con outros máis noveis. Unha mistura que resultará todo un éxito, como aconteceu na edición do 2014. A cita é a partir das 21.00 horas, a entrada é gratuíta ata completar o aforo e a duración prevista do espectáculo, é de dúas horas.

Compartir: