Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo estrea unha nova ruta fluvial pola beira...

O CONCELLO VÉN DE ACONDICIONAR ESTE NOVO PERCORRIDO

Carballo estrea unha nova ruta fluvial pola beira do Anllóns de 8,5 quilómetros de lonxitude: a Ruta dos Muíños do Pan

Sábado 4 de abril do 2015

A partir da Ponte de Bértoa a ruta discorre polo Bosque do Añón e os parques urbanos do San Martiño e o Anllóns ata enlazar co paseo que conduce ata o Muíño do Quinto, o único que segue en funcionamento no municipio, aínda que hoxe está totalmente automatizado, e que abastece de fariña do país á práctica totalidade dos panadeiros de Carballo e da zona. A produción actual sitúase nos 2.500 quilos de fariña ao día. Tanto no Muíño da Cheda coma no do Quinto, uns sinais de dirección orientan aos camiñantes cara a eles e uns paneis informativos indican a distancia e o tempo de duración aproximado da ruta, que ronda as dúas horas, os pasos que fai falla dar para percorrela e as calorías que se queiman, tomando como base unha persoa de estatura e peso determinados e en boas condicións físicas, reforzando así o carácter saudable da ruta. As persoas interesadas teñen á súa disposición folletos informativos destas rutas na oficina de turismo do Museo de Bergantiños e nos edificios municipais. Quen queira un avance, pode mergullarse de cheo na ruta no vídeo dispoñible nesa mesma nova:

Compartir: