Inicio Carballo ao día Hemeroteca Volven as rutas ciclistas de "Coñece o teu...

ENTRE O 11 DE ABRIL E O 2 DE MAIO

Volven as rutas ciclistas de "Coñece o teu Concello" que fomentan o patrimonio cultural e paisaxístico do municipio

Mércores 8 de abril do 2015

Cada persoa recibe información da ruta e unha explicación do percorrido e dos bens históricos que se van visitar. A organización recomenda o uso do casco e tamén levar roupa de abrigo se o día non é soleado, así como auga e accesorios para reparar unha picada (cámara e bomba de aire). Cada ruta adoita contar cunha participación media de 50 persoas. En canto ás catro rutas que conforman esta nova edición de "Coñece o teu Concello", son as seguintes:

  • Ruta 1: sábado 11 de abril. De 19 quilómetros de lonxitude e baixa dificultade, transcorre por Sísamo, Goiáns, Cances e Oza.
  • Ruta 2: sábado 18 de abril. De dificultade media e 19,5 quilómetros, visita Artes, Sofán, Berdillo e Bértoa.
  • Ruta 3: sábado 25 de abril. Ten unha dificultade baixa e transcorre por Ardaña e Rus e visita a Férveda de Rus. Está especialmente dirixida a BTT (Bibicleta Todo Terreo).
  • Ruta 4: sábado 2 de maio. Repítese por segundo ano unha ruta BTT que transcorre polas rutas forestais e estradas do Concello e que pasa polos núcleos de Sísamo, Bas e Goiáns. A dificultade é media.

A presidenta do Club Ciclista Carballo, Vanessa Loureiro, quere agradecer a colaboración dos patrocinadores, Panadería Añón, Escaiolas Seoane, donCLIC e Cartas Carballo, ademais do Concello, que fan posible que teña lugar a iniciativa, que xa cumpre cinco anos. Tamén agradece a participación de Protección Civil e a Policía Local que contribúen ao bo desenvolvemento das rutas. Tanto o Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, como o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, quixeron felicitar ao Club polo seu labor, nomeadamente pola súa contribución para "dar a coñecer espazos patrimoniais e singulares do noso territorio", en verbas de Ferrero.

Compartir: