Inicio Carballo ao día Hemeroteca Volve a Primavera en Ruta de Senda Nova, con oito...

CITAS ENTRE O 12 DE ABRIL E O 31 DE MAIO

Volve a Primavera en Ruta de Senda Nova, con oito percorridos por Bergantiños baixo o lema

Xoves 9 de abril do 2015

A organización encárgase do transporte dos participantes dende os lugares de saída até os sitios de comezo da marcha. Así mesmo, recoméndase levar calzado (a poder ser impermeable) e roupa axeitada, mochila, impermeable, navalla, gorra e protección solar. Para poder inscribirse os interesados e interesadas poden dirixirse á base de Protección Civil de Carballo no edificio do Ambulatorio vello de luns a venres de 9.30 a 13.30 horas; ao Departamento de Cultura e Deportes situado na Casa do Concello da Laracha, de luns a venres de 9.30 a 13.30 horas; ao Departamento de Cultura e Deportes no Concello de Coristanco situado no Edificio de Servizos Múltiples, de luns a venres de 9.30 a 13.30 horas; e por último ao Local Social de Senda Nova os mércores, xoves e venres de 17.00 a 20.00 horas. Os prezos son: para non socios maiores de idade, 6 €; para menores 3€ . Para socios maiores de idade o prezo é de 3 €, e para menores de 1€. As rutas son as seguintes:

  • Terras Altas de Soneira: 12 de abril. De 19 quilómetros e dificultade media, transcorre polo Concello de Zas, saíndo de Pico de Meda -o monte máis alto da zona- e terminando en Follente. Pasa por lugares como a Férveda do Rabiñoso, pasando a carón de dúas mámoas dous castros e os restos dun castelo medieval. Conta con dúas variantes e é apta para cadeira de rodas.
  • O son do Anllóns: 19 de abril. De 21 quilómetros de lonxitude, transcorre por Carballo e Coristanco, saíndo de Carballo e terminando en Corcoesto, atravesando lugares como Verdes, o Pazo do Souto, a Pontedona, a Casa da Torre ou Corcoesto.
  • Coristanco histórico: 26 de abril. Conta con 21 quilómetros de lonxitude e transcorre polo Concello de Coristanco seguindo unha vía romana e cruzando a Ponte Lubiáns. Supón un percorrido polo rico patrimonio paisaxístico, arqueolóxico e histórico das parroquias de Seavia, Ferreira, Couso e Cuns. Ten dificultade media.
  • Camiños de Caión: 3 de maio. De 15 quilómetros de lonxitude, ten unha dificultade media. Comeza na praza Eduardo Vila Fano (que alberga a igrexa dá Nosa Señora do Socorro e ou pazo dous Condes de Graxal) e percorre a práctica totalidade do litoral da parroquia, propoñendo visitar elementos do patrimonio histórico municipal como a ermida dos Milagres; ou gozar da riqueza natural e paisaxística, por exemplo, coa furna furada, a praia fósil de Leira e o castro da Costenla.
  • A forza do río Chonia: 10 de maio. De 22 quilómetros, transcorre polo Concello de Trazo, saíndo de Castrillón e terminando en Portomeiro (Val do Dubra). Durante o percorrido visitarase o Pazo de Restende, así como a fermosa confluencia dos ríos Chonia e Tambre. Dificultade media.
  • Costa agreste de Cerqueda e Cambre: 17 de maio. De 17 quilómetros de lonxitude, transcorre polo Concello de Malpica e é a única ruta costeira e circular, con saída e chegada en Cambre. Pasa a carón de Cerámicas El Progreso e visita os Muíños de Ardeleiro, moi próximos ao mar, ademais de ofrecer a oportunidade de ver a carballeira máis cercana ao mar de Europa.
  • Ríos de Sofán: 24 de maio. Con 21 quilómetros de lonxitude, ten unha dificultade media. Transcorre sempre pola parroquia de Sofán, nun percorrido circular. O punto de partida e de finalización é a igrexa. A ruta debe o seu nome a que o nexo principal son os ríos: o Carral, o Bardoso e o Seixiña. Destaca tamén a elevada cifra de muíños que poderán ver os camiñantes: en torno a unha vintena.
  • Ruta das Mámoas: 31 de maio. De 16 quilómetros de lonxitude e dificultade media, transcorre polo Concello de Cabana, sendo a saída na Piolla e rematando nas Torres da Penela. Permite observar 14 mámoas e 1 petroglifo, ademais do grupo etnográfico do Río Abelán.

Os interesados e interesadas poden descargar o programa ao completo da actividade en pdf nesta mesma nova, ou ben consultar a páxina web da Asociación Ambiental Senda Nova.

Compartir: